"Hai que Botalos" é unha campaña de estimulación do "boto", promovida por BURLA NEGRA e A FRAGA MALDITA de cara ás históricas eleccións nas que Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis limpos e democráticos.
"Hai que Botalos" é unha campaña de estimulación do "boto", promovida por BURLA NEGRA e A FRAGA MALDITA de cara ás históricas eleccións nas que Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis limpos e democráticos. A primeira fase, xa rematada, é a realización dunha película de denuncia, de creación colectiva, composta por vintecatro curtametraxes de non máis de cinco minutos, e que conta coa participación de artistas e creador@s galeg@s dos máis diversos ámbitos.
Agora iníciase unha nova fase de traballo (a distribución, a exhibición e o financiamento), na que se fai moi necesaria a participación de colectivos e persoas de todos os puntos de Galiza (e mesmo de fóra), sensibles aos obxectivos e ao espírito deste proxecto de acción social e cultural. De seguida, informámosvos das características da campaña e das formas de participación propostas.
Distribución
Para acadar un alcance máis amplo e unha difusión máis eficaz do filme, vanse utilizar basicamente dous soportes de distribución:
Internet: posta en marcha do site www.haiquebotalos.com , onde se colgarán cada unha das curtametraxes integradas no filme para que quen queira poida velas e descarregalas libremente. Tamén estarán disponibles a través de Emule.
DVD: edición dun DVD que permitirá acceder ao filme completo (aprox. 100 minutos) ou a cada unha das curtametraxes por separado. Farase unha tirada de 2.000 copias, con dous obxectivos principais: facilitar as proxeccións públicas do filme e contribuír ao financiamento do proxecto (as copias do DVD só estarán dispoñíbeis a partir do día 23 de maio).
Este trabajo es una propuesta de reflexión desde el feminismo: el feminismo (...)
Cuando Helga Diekhoff llegó a España en 1961 a aprender el idioma, tenía 21 (...)
La paradoja es grotesca. Para entrenderlo, miremos el referéndum (...)
Tienen la mejor red de “sucursales” (catedrales, iglesias, ermitas, colegios (...)
Los días 8 y 9 de julio el Papa vendrá a Valencia a clausurar el Quinto (...)
Entrevista a Alejandra Pinto, anarcofeminista chilena y coautora con (...)
Intervención de la portavoz socialista en la comisión de la mujer del (...)